¡Q se extinguiu un delfín e non me enterei!

Agosto 28, 2007 at 3:44 am (Bioloxía, Mamíferos Mariños, Persoal)

Resulta que fai uns meses deron por extinto un delfín en China, baiji lle chamaban. Non me enterei, inda que espero que fose porque nesa época non vin moitos telediarios e non porque non o publicasen.

Paréceme tan grave que se extinga unha especie, e sobre todo un animal “grande”, que non entendo como a xente non se conciencia de que na Terra non estamos sos, e a parte das comodidades hai que pensar tamén no resto dos seres vivos cos que convivimos…

A estas horas parece que estou algo ”poética” de máis, jajaja 

Ays…. espero que esta noticia non se teña que repetir….

Permalink 1 comentario

Doñana e o Lince

Agosto 20, 2007 at 11:47 pm (Bioloxía, Persoal)

Ays… Bueno, algo teño q contar, q senon non me quedo tranquila. :D

Pois despois de 2 semanas xa en Doñana, de voluntaria no “Centro de Cría en Cautividad del Lince Ibérico (Lynx pardinus)” sei moito máis destos animaliños.

Por exemplo, q se pasan a maior parte do día dormindo! jajaja E q si se dan cabezazos é bon, é como un saludo ou un “abrazo”.

Agora mesmo hai 6 cachorros (3 de Aura, 2 de Sali e 1 de Espe), q son os máis activos, evidentemente. E cando me toca turno de noite pásome media hora para encontrar ós 3 de Aura (os infrarrojos están ben, pero 8 horas con eles e donde hai herbas xa ves orellas de lince!).

Aquí a xente, polo q vin ata agora, é moi profesional, está xenial organizado, son xente seria q vive pola recuperación do lince. E si non se poden coller vacacións en 3 anos pois non se collen e punto, sin protestar.

Outro día escribirei algo máis, non vos preocupedes. :D

Permalink Dejar un comentario

“Hipocampus” nacen en cautividade

Agosto 20, 2007 at 11:40 pm (Bioloxía, Persoal)

No Aquarium de Roquetas del Mar (Almería) conseguírono “sin querer”, q máquinas.Jejeje No de Coruña tamén o estaban intentando, pero non sei se o conseguiron, xa preguntarei.

Estou descubrindo q os zoos e acuarios de España (algúns polo menos) tamén levan proxectos moi interesantes, haberá q mandarlles o curriculum.

Permalink Dejar un comentario

Tartarugas-come-medusas

Julio 11, 2007 at 4:11 pm (Bioloxía, Persoal)

As medusas, uns animaliños compostos en máis do 95% de auga, son practicamente unha plaga en moitos lugares do Mediterraneo. Estos pequenos carnívoros utilizan os seus “dardos venenosos” (nematocistos) para cazar as súas pequenas presas, pero tamén para defenderse cando se sinten atacados, como pasa cada vez máis nas praias españolas.

Pois ben, a non tódolos animais este veneno lle fai o mesmo dano. As persoas que coñezo que lle picou unha medusa coinciden en que é moi doloroso, pero a nós (a non ser que sexas alérxico…) non nos mata. E a animais como as tartarugas xa non é só eso, senon que son o seu prato favorito.

Por esto último, fai unha semana ou así comezou a levarse a cabo un proxecto de solta de tartarugas para intentar que, aumentando o número de depredadores, se reduzca a poboación de medusas. Imaxino que pouco a pouco iremos tendo datos de si funciona ou non, pero o que está claro é que hai outros factores a parte da disminución de depredadores que fixeron que aumentase tanto o número de medusas (por exemplo o cambio climático).

Agora solo cabe esperar que as tartarugas non morran por causas como: comerse bolsas de plástico pensando que son medusas, que sexan “pescadas” por error, etc. Causas polas que foron desaparecendo as poboacións naturais.

Permalink 3 comentarios

Avanza a degradación do medio en “Mariña Dor”

Mayo 9, 2007 at 10:04 am (Persoal)

Onte enviáronme por mail (Auro :) ) q buscara en YouTube isto: “Mariña dor (bisbarra de vacas-ciones)“. E hoxe lin esta noticia no 20minutos. Crin q o tema era digno de análise.

O vídeo q está colgado en YouTube (q por certo, un dos q o fai é Miguel de Lira, veciño de María ;) ) é unha sátira ó puro estilo galego do q nos está pasando na nosa xa degradada Costa Lucense. De feito, cara o final do vídeo sale San Miguel (no puente do tren, de camiño pa praia, min 5:44) e na imaxe vense grúas tanto en “mariña dor este” (de cara á playa, ¡q non debería haber tantos chalets nin edificios si se cumplira a ley de costas!) como en “mariña dor oeste” (vamos, cara a carretera general, q tamén tamos sendo invadidos). Incluso se ve o edificio q lle tapa as vistas a Marquiños e Peché! E despois desto sae ¡HollyFOZ! jajaja Fan unha vista panorámica dende as Torres e nun só plano ¡9 grúas!

Lendo o artículo vin q daban no clavo nunha frase: “se hace además sin planificar saneamiento o equipamientos”. ¿A quen lle pode parecer normal, q haxa quen se queda sen auga a última hora da tarde no verán porque as instalacións do pueblo non dan para atender tanta demanda de “duchas despois da praia”? ¿Ou q haxa atascos de 10 km un día de fin de semana e incluso algún de entre semana, polo q os q vivimos alí quedamos “incomunicados” a non ser q nos apeteza facer cola no atasco para ir cara Foz? E isto sen entrar en temas ambientais, pq poderíamos estar falando durante páxinas e páxinas sen encontrar ningún sentido a todo o q está pasando… Bueno, minto, todo ten un sentido: ¡¡os cartos!!

E o peor de todo é q todo este “despliegue constructivo” é para os veraneantes, pero quen se quedou sen algunha pequena fraga q inda quedaba, ou quen se quedou sen vistas ó mar, somos os q vivimos alí todo o ano (inclúome, inda q pase moito tempo en Coruña), e a quen se lle “trastorna” a vida no verán é ós q vivimos alí todo o ano.

Isto xa non ten remedio, pero polo menos a ver se non vai a máis e se cumple a ley de protección do litoral aprobada polo parlamento (co PP en contra, sen comentarios) e polo menos conseguimos manter o q inda quede “virxe” (q pouco será) a 500 metros da liña do litoral.

as era hai algúns anos...

Permalink 4 comentarios

Simbiose no fondo mariño

Abril 22, 2007 at 3:42 pm (Bioloxía, Persoal)

Fai un par de semanas comentáronme no Aquario que hai especies coralinas que non mostran o seu color real, senon que “teñen uns bichiños” (palabras textuais) que son os que lle dan a cor. Estiven buscando por internet e atopei unha noticia do 2004 que explica o que me contaron.

Resulta que hai unhas cianobacterias que se asociacian con corais, dándolles un brillo alaranxado. É unha relación de simbiose, na que as cianobacterias axudan a transformar o nitróxeno en alimento para o coral, e este proporciónalles protección.

Quédanos tanto que aprender do mar e dos seus habitantes…

P.D.: en como moito uns meses espero ser Licenciada, se a alguén lle sobra un posto de traballo para estudiar o fondo mariño que contacte comigo. Hai que promocionarse, jejeje

Permalink 5 comentarios

Os mamíferos mariños tamén son bioindicadores

Abril 22, 2007 at 3:25 pm (Bioloxía, Persoal)

Os mamíferos mariños atópanse afectados por problemas como a contaminación, xa que a bioamplificación lles afecta en gran medida. Delfíns, focas, baleas, etc., acumulan sustancias nocivas no seu organismo provintes do alimento. Se a esto lle sumamos a presión exercida sobre eles polas actividades humanas (que lles afectan directamente como a caza de baleas, ou indirectamente como a pesca de exemplares q forman parte da súa dieta) atopámonos con q son dos tipos de animais superiores máis ameazados do planeta.

Nos últimos tempos, xa se extinguiron un par de especies, decenas están en perigo de extinción e moitas (por non dicir a maioría) viron reducido o número de exemplares das súas poboacións.

Isto á súa vez provoca un “efecto vórtice” (se non recordo mal) no que tamén se ven implicados factores xenéticos, xa que a menor tamaño das poboacións, maior risco de homocigose e polo tanto de pérdida de variabilidade xenética.

Non coñezo a ninguén a quen non lle gusten estos animais (ou polo menos que os deteste) e sen embargo están nunha situación crítica, polo que fago unha reflexión: se estos animais, que son socialmente recoñecidos e admirados, que incluso pagamos por velos en delfinarios e acuarios, teñen problemas para a súa supervivencia no mundo salvaxe, ¿como nos vai extrañar que outras especies menos recoñecidas desaparezan? Simplemente con apoio social non se consigue levar adiante plans de recuperación e conservación, está claro que sen cartos non se vai a ningún sitio, pero supostamente é a base para concienciar á xente acerca de problemas tan graves como a contaminación.

É preocupante pensar que haxa tanta xente que mire cara o outro lado ante problemas tan graves como a pérdida de biodiversidade, ou o cambio climático (¡¡coñezo a xente que di que é todo política e que existe tal cambio!!)… ¿Que será da natureza no futuro?

Tras estas reflexións tan profundas (teño o día inspirado hoxe, jejeje) unha foto dun delfín listado, ¡a que é chulísimo! :-)

Permalink Dejar un comentario

O cambio climático tamén mata grandes mamíferos mariños

Marzo 10, 2007 at 9:14 pm (Bioloxía, Persoal)

Este fin de semana impartíuse o primeiro Taller Internacional de Investigación de Belugas. A él asistiron habitantes de zonas árticas (esquimais da comunidade inuk) que se alimentan de forma legal e controlada destes animais e que ven como o seu futuro está en mans dos países desenrolados. Esta especie está en peligro por culpa da contaminación e o cambio climático.

Esta semana nunha asignatura de microbioloxía, Ángeles Cid falaba de que os microorganismos son os máis importantes para que se produzca o reciclaxe de materia no planeta. E eso é o que a xente non sabe, que os “bichitos” son máis importantes que os animais grandes como as belugas, sin embargo, é importante que vexan casos como os das belugas para que vexan o crítico que pode ser o gran problema deste siglo.

Gustaríame algún día poder axudar a que estos animais (ou algúns outros…) sobrevivan con este cambio mundial, xa que cada día estou máis convencida de que non conseguiremos poñernos dacordo (e sobre todo os políticos) para que a situación vaia a mellor.

Permalink Dejar un comentario

Caso Ostedijk

Febrero 26, 2007 at 11:28 am (Persoal)

¡¡Todo é política!! Se si porque si, e se non porque non. Os políticos non fan máis q protestar, pero actuar… máis ben pouco.
Case nos fastidian a costa ós do “Cantábrico galego” con tanto paseo. Parece q o Prestige quedou nunha anécdota e q sigue sen haber un protocolo para estos casos. Se en lugar de fertilizante levara fuel non quero imaxinarme como iban estar as preciosas praias de San Miguel e alrededores. Pero bueno, de política non entendo así q non protesto máis.

O q non me cabe na cabeza é como poden levar sustancias químicas nun barco dese tipo no q o combustible ten q pasar dun lado a outro do barco con unha alta temperatura, tendo as tuberias “rodeando” á carga.

E agora q xa se acabou, q o barco abandona Galicia, ¿cambiará algo? ¿Ou dentro dalgún tempo teremos q volver a temer polas nosas costas e neste caso incluso polas nosas vidas por culpa dos gases tóxicos?

Permalink Dejar un comentario

And the oscar goes to…¡”Una verdad incómoda”!

Febrero 26, 2007 at 11:11 am (Bioloxía, Persoal)

Esta noite dos óscars o ecoloxismo andivo de paseo polos Ángeles. A parte de limusinas “ecolóxicas” e outros detalles que lin por aí, o protagonismo neste sentido levouno Al Gore. O seu documental levou o óscar ó mellor documental.

Recentemente vin dito documental. Está moi ben (inda que hai momentos políticos q quizais sobraban un pouquín), moi ilustrativo e sencillo de entender para calquera q non teña nin unha base do tema. Cousas q non tiña moi claras agora sí, a preocupación q tiña por descoñecer datos agora convertiuse en preocupación pq graves como me imaxinaba.

Agora só teño unha duda… ¿todo o q se conta no documental está científicamente avalado ou hai detalles “alarmistas” destos q lles gustan moito ós ecoloxistas? O outro día na clase houbo un profesor q nos dixo: “vosotros sereis ecólogos, no ecologistas, no se debe confundir una cosa con otra”.

Durante os momentos “personais” de Al Gore no documental éste falou de súa irmá, q morreu de cáncer de pulmón e a súa familia tiña plantacións de tabaco. Eso fíxome pensar… esto mismo pódenos pasar a todos en menor medida, xa q a día de hoxe hai moitas enfermedades relacionadas co medio ambente (cáncer de pel, por exemplo, q cada vez hai máis) q estropeamos cada día máis. Paranoias destas miñas…

Aquí vai un enlace a unha entrevista de Al Gore en cuatro , cando veu a España fai un par de semanas. Está moi ben.

Seguiremos falando del.

Permalink Dejar un comentario

Siguiente Página »