¡Q se extinguiu un delfín e non me enterei!
Resulta que fai uns meses deron por extinto un delfín en China, baiji lle chamaban. Non me enterei, inda que espero que fose porque nesa época non vin moitos telediarios e non porque non o publicasen.
Paréceme tan grave que se extinga unha especie, e sobre todo un animal “grande”, que non entendo como a xente non se conciencia de que na Terra non estamos sos, e a parte das comodidades hai que pensar tamén no resto dos seres vivos cos que convivimos…
A estas horas parece que estou algo ”poética” de máis, jajaja
Ays…. espero que esta noticia non se teña que repetir….
Dormir o morir, that’s the question
Imaxinade estar caendo de sono e saber que si te dormes deixas de respirar e afogas… A nós eso non nos pasa, porque respiramos de forma mecánica, pero os delfíns son outra cousa.
Hai peixes que para dormir pousanse no fondo ou nas rochas, outros non poden quedarse quietos polo que o que fan é disminuar a súa velocidade (como se fosen sonámbulos), pero outros animais mariños necesitan estar despertos, como os delfíns. Para eles respirar é un acto voluntario, polo que si se “desconectan” para dormir non respiran. Por esto mesmo o que fan é dormir só a metade do cerebro.
Un dos seus hemisferios está desconectado mentres que o outro mantén as funcións vitais controladas. Dormen con un ollo aberto, ¡e non é coña! Quédanse en ocasións flotando na superficie da auga, con unha aleta cara fóra. Dalí a un cacho cambian o hemisferio apagado (e abren o outro ollo para pechar o que tiñan aberto, que curioso).
¡Debe ser fascinante descubrir estas cousas!