Doñana e o Lince

Agosto 20, 2007 at 11:47 pm (Bioloxía, Persoal)

Ays… Bueno, algo teño q contar, q senon non me quedo tranquila. :D

Pois despois de 2 semanas xa en Doñana, de voluntaria no “Centro de Cría en Cautividad del Lince Ibérico (Lynx pardinus)” sei moito máis destos animaliños.

Por exemplo, q se pasan a maior parte do día dormindo! jajaja E q si se dan cabezazos é bon, é como un saludo ou un “abrazo”.

Agora mesmo hai 6 cachorros (3 de Aura, 2 de Sali e 1 de Espe), q son os máis activos, evidentemente. E cando me toca turno de noite pásome media hora para encontrar ós 3 de Aura (os infrarrojos están ben, pero 8 horas con eles e donde hai herbas xa ves orellas de lince!).

Aquí a xente, polo q vin ata agora, é moi profesional, está xenial organizado, son xente seria q vive pola recuperación do lince. E si non se poden coller vacacións en 3 anos pois non se collen e punto, sin protestar.

Outro día escribirei algo máis, non vos preocupedes. :D

Escribe un comentario