¡Q se extinguiu un delfín e non me enterei!
Resulta que fai uns meses deron por extinto un delfín en China, baiji lle chamaban. Non me enterei, inda que espero que fose porque nesa época non vin moitos telediarios e non porque non o publicasen.
Paréceme tan grave que se extinga unha especie, e sobre todo un animal “grande”, que non entendo como a xente non se conciencia de que na Terra non estamos sos, e a parte das comodidades hai que pensar tamén no resto dos seres vivos cos que convivimos…
A estas horas parece que estou algo ”poética” de máis, jajaja
Ays…. espero que esta noticia non se teña que repetir….
Doñana e o Lince
Ays… Bueno, algo teño q contar, q senon non me quedo tranquila.
Pois despois de 2 semanas xa en Doñana, de voluntaria no “Centro de Cría en Cautividad del Lince Ibérico (Lynx pardinus)” sei moito máis destos animaliños.
Por exemplo, q se pasan a maior parte do día dormindo! jajaja E q si se dan cabezazos é bon, é como un saludo ou un “abrazo”.
Agora mesmo hai 6 cachorros (3 de Aura, 2 de Sali e 1 de Espe), q son os máis activos, evidentemente. E cando me toca turno de noite pásome media hora para encontrar ós 3 de Aura (os infrarrojos están ben, pero 8 horas con eles e donde hai herbas xa ves orellas de lince!).
Aquí a xente, polo q vin ata agora, é moi profesional, está xenial organizado, son xente seria q vive pola recuperación do lince. E si non se poden coller vacacións en 3 anos pois non se collen e punto, sin protestar.
Outro día escribirei algo máis, non vos preocupedes.
“Hipocampus” nacen en cautividade
No Aquarium de Roquetas del Mar (Almería) conseguírono “sin querer”, q máquinas.Jejeje No de Coruña tamén o estaban intentando, pero non sei se o conseguiron, xa preguntarei.
Estou descubrindo q os zoos e acuarios de España (algúns polo menos) tamén levan proxectos moi interesantes, haberá q mandarlles o curriculum.