Tartarugas-come-medusas
As medusas, uns animaliños compostos en máis do 95% de auga, son practicamente unha plaga en moitos lugares do Mediterraneo. Estos pequenos carnívoros utilizan os seus “dardos venenosos” (nematocistos) para cazar as súas pequenas presas, pero tamén para defenderse cando se sinten atacados, como pasa cada vez máis nas praias españolas.
Pois ben, a non tódolos animais este veneno lle fai o mesmo dano. As persoas que coñezo que lle picou unha medusa coinciden en que é moi doloroso, pero a nós (a non ser que sexas alérxico…) non nos mata. E a animais como as tartarugas xa non é só eso, senon que son o seu prato favorito.
Por esto último, fai unha semana ou así comezou a levarse a cabo un proxecto de solta de tartarugas para intentar que, aumentando o número de depredadores, se reduzca a poboación de medusas. Imaxino que pouco a pouco iremos tendo datos de si funciona ou non, pero o que está claro é que hai outros factores a parte da disminución de depredadores que fixeron que aumentase tanto o número de medusas (por exemplo o cambio climático).
Agora solo cabe esperar que as tartarugas non morran por causas como: comerse bolsas de plástico pensando que son medusas, que sexan “pescadas” por error, etc. Causas polas que foron desaparecendo as poboacións naturais.

auro dijo:
Julio 12, 2007 a 10:53 am
eres a caña!!! vaia cousas mais chulas que nos contas….menos mal que hai algo interesenta que ler…pq co aburrida q estou de estar aki, de estudiar e de esperar para acabar e saber que vai ser da miña vida….pois esto como que axuda a manterse esperto jaja
Pdt: sigue asi, contandonos estas cousiñas tan “chulas”…
Besos guapa!
SOS Tartarugas dijo:
Marzo 22, 2008 a 1:10 pm
Si quieres, puedes.
JB
SOS Tartarugas dijo:
Marzo 22, 2008 a 1:11 pm
http://www.sostartarugas.org