Dormir o morir, that’s the question

Julio 11, 2007 at 3:55 pm (Bioloxía, Mamíferos Mariños)

Imaxinade estar caendo de sono e saber que si te dormes deixas de respirar e afogas… A nós eso non nos pasa, porque respiramos de forma mecánica, pero os delfíns son outra cousa.

Hai peixes que para dormir pousanse no fondo ou nas rochas, outros non poden quedarse quietos polo que o que fan é disminuar a súa velocidade (como se fosen sonámbulos), pero outros animais mariños necesitan estar despertos, como os delfíns. Para eles respirar é un acto voluntario, polo que si se “desconectan” para dormir non respiran. Por esto mesmo o que fan é dormir só a metade do cerebro.

Un dos seus hemisferios está desconectado mentres que o outro mantén as funcións vitais controladas. Dormen con un ollo aberto, ¡e non é coña! Quédanse en ocasións flotando na superficie da auga, con unha aleta cara fóra. Dalí a un cacho cambian o hemisferio apagado (e abren o outro ollo para pechar o que tiñan aberto, que curioso).

¡Debe ser fascinante descubrir estas cousas!

Escribe un comentario