Tartarugas-come-medusas
As medusas, uns animaliños compostos en máis do 95% de auga, son practicamente unha plaga en moitos lugares do Mediterraneo. Estos pequenos carnívoros utilizan os seus “dardos venenosos” (nematocistos) para cazar as súas pequenas presas, pero tamén para defenderse cando se sinten atacados, como pasa cada vez máis nas praias españolas.
Pois ben, a non tódolos animais este veneno lle fai o mesmo dano. As persoas que coñezo que lle picou unha medusa coinciden en que é moi doloroso, pero a nós (a non ser que sexas alérxico…) non nos mata. E a animais como as tartarugas xa non é só eso, senon que son o seu prato favorito.
Por esto último, fai unha semana ou así comezou a levarse a cabo un proxecto de solta de tartarugas para intentar que, aumentando o número de depredadores, se reduzca a poboación de medusas. Imaxino que pouco a pouco iremos tendo datos de si funciona ou non, pero o que está claro é que hai outros factores a parte da disminución de depredadores que fixeron que aumentase tanto o número de medusas (por exemplo o cambio climático).
Agora solo cabe esperar que as tartarugas non morran por causas como: comerse bolsas de plástico pensando que son medusas, que sexan “pescadas” por error, etc. Causas polas que foron desaparecendo as poboacións naturais.

Dormir o morir, that’s the question
Imaxinade estar caendo de sono e saber que si te dormes deixas de respirar e afogas… A nós eso non nos pasa, porque respiramos de forma mecánica, pero os delfíns son outra cousa.
Hai peixes que para dormir pousanse no fondo ou nas rochas, outros non poden quedarse quietos polo que o que fan é disminuar a súa velocidade (como se fosen sonámbulos), pero outros animais mariños necesitan estar despertos, como os delfíns. Para eles respirar é un acto voluntario, polo que si se “desconectan” para dormir non respiran. Por esto mesmo o que fan é dormir só a metade do cerebro.
Un dos seus hemisferios está desconectado mentres que o outro mantén as funcións vitais controladas. Dormen con un ollo aberto, ¡e non é coña! Quédanse en ocasións flotando na superficie da auga, con unha aleta cara fóra. Dalí a un cacho cambian o hemisferio apagado (e abren o outro ollo para pechar o que tiñan aberto, que curioso).
¡Debe ser fascinante descubrir estas cousas!
Albufera, exemplo de que as cousas poden mellorar
Fai algúns anos tiven unha asignatura, Eutrofización de Lagos, na que fixen un traballo acerca da Albufera de Valencia. A situación parecía crítica, a eutrofización e contaminación en xeral eran canto menos preocupantes. “Según algunos expertos: “suponiendo que el agua que entra en la Albufera fuera limpia, la laguna tiene hasta 115 años de eutrofización”. Este dato es muy preocupante, teniendo en cuenta que constituye un problema muy grave para todo el ecosistema de la zona. De hecho se puede tomar como modelo de máxima hipertrofia.”
Sen embargon unha noticia que lin recentemente chamou a miña atención. O título: “La vida se recupera en la Albufera” xa merecía que lle dedicase un momento a lelo. Resulta que os proxectos de futuro dos que falaba no meu traballo fai uns 3 anos están a dar resultados mellores dos esperados. Na zona sur, unha das máis afectadas, as praderas e as plantas acuáticas estaban sufrindo un “boom” de rexeneración, ¡moi boa noticia!
Para que despois os pesimistas e excéntricos pensen que por moito que se faga a contaminación non ten remedio, ilusos… jejeje