Unha de reptiles…
Xa fai algunha semana oin que por Florida había caimanes que se “colaban” en urbanizacións, piscinas e incluso dentro dalgunha casa. As construccións feitas en zonas onde vivían de forman natural e a proliferación desta especie fan que sexa perigoso vivir ahí.
Pois despois de tanta invasión do seu medio natural era cuestión de tempo que pasara algo coma isto: tres persoas morreron en Florida por ataques de caimáns. ¿Pero a xente que esperaba? ¿Que despois de arrebatarlles territorio de forma tan drástica (que incluso en marismas se constrúe) estos animais non busquen outras saidas para sobrevivir? A veces dame a impresión de que os “humanos” pensamos que somos os únicos seres do planeta e que o que fagamos non repercute en nada máis…
Por outro lado, e seguindo con reptís en Florida, hai outro tema, que é o das especies invasoras introducidas. Hai un tipo de serpe, a serpe pitón de Birmania, nativa de Asia, que anos atrás púxose de moda en EE.UU. como mascota. Os seus donos non contaban que chegasen ás dimensións que son capaces de chegar e moitas foron abandoadas coa “mala sorte” (para as especies autóctonas, enxebres :p ) de que estes animais se adaptaron xenial a estas terras, ata o punto de competir cos caimáns, considerados ata entón os maiores depredadores deste país.
Ambos casos nos que están implicados os caimáns de Florida foron provocados por “humanos”, e só son un par de exemplos.
