Os mamíferos mariños tamén son bioindicadores

Abril 22, 2007 at 3:25 pm (Bioloxía, Persoal)

Os mamíferos mariños atópanse afectados por problemas como a contaminación, xa que a bioamplificación lles afecta en gran medida. Delfíns, focas, baleas, etc., acumulan sustancias nocivas no seu organismo provintes do alimento. Se a esto lle sumamos a presión exercida sobre eles polas actividades humanas (que lles afectan directamente como a caza de baleas, ou indirectamente como a pesca de exemplares q forman parte da súa dieta) atopámonos con q son dos tipos de animais superiores máis ameazados do planeta.

Nos últimos tempos, xa se extinguiron un par de especies, decenas están en perigo de extinción e moitas (por non dicir a maioría) viron reducido o número de exemplares das súas poboacións.

Isto á súa vez provoca un “efecto vórtice” (se non recordo mal) no que tamén se ven implicados factores xenéticos, xa que a menor tamaño das poboacións, maior risco de homocigose e polo tanto de pérdida de variabilidade xenética.

Non coñezo a ninguén a quen non lle gusten estos animais (ou polo menos que os deteste) e sen embargo están nunha situación crítica, polo que fago unha reflexión: se estos animais, que son socialmente recoñecidos e admirados, que incluso pagamos por velos en delfinarios e acuarios, teñen problemas para a súa supervivencia no mundo salvaxe, ¿como nos vai extrañar que outras especies menos recoñecidas desaparezan? Simplemente con apoio social non se consigue levar adiante plans de recuperación e conservación, está claro que sen cartos non se vai a ningún sitio, pero supostamente é a base para concienciar á xente acerca de problemas tan graves como a contaminación.

É preocupante pensar que haxa tanta xente que mire cara o outro lado ante problemas tan graves como a pérdida de biodiversidade, ou o cambio climático (¡¡coñezo a xente que di que é todo política e que existe tal cambio!!)… ¿Que será da natureza no futuro?

Tras estas reflexións tan profundas (teño o día inspirado hoxe, jejeje) unha foto dun delfín listado, ¡a que é chulísimo! :-)

Escribe un comentario