Simbiose no fondo mariño
Fai un par de semanas comentáronme no Aquario que hai especies coralinas que non mostran o seu color real, senon que “teñen uns bichiños” (palabras textuais) que son os que lle dan a cor. Estiven buscando por internet e atopei unha noticia do 2004 que explica o que me contaron.
Resulta que hai unhas cianobacterias que se asociacian con corais, dándolles un brillo alaranxado. É unha relación de simbiose, na que as cianobacterias axudan a transformar o nitróxeno en alimento para o coral, e este proporciónalles protección.

Quédanos tanto que aprender do mar e dos seus habitantes…
P.D.: en como moito uns meses espero ser Licenciada, se a alguén lle sobra un posto de traballo para estudiar o fondo mariño que contacte comigo. Hai que promocionarse, jejeje
Os mamíferos mariños tamén son bioindicadores
Os mamíferos mariños atópanse afectados por problemas como a contaminación, xa que a bioamplificación lles afecta en gran medida. Delfíns, focas, baleas, etc., acumulan sustancias nocivas no seu organismo provintes do alimento. Se a esto lle sumamos a presión exercida sobre eles polas actividades humanas (que lles afectan directamente como a caza de baleas, ou indirectamente como a pesca de exemplares q forman parte da súa dieta) atopámonos con q son dos tipos de animais superiores máis ameazados do planeta.
Nos últimos tempos, xa se extinguiron un par de especies, decenas están en perigo de extinción e moitas (por non dicir a maioría) viron reducido o número de exemplares das súas poboacións.
Isto á súa vez provoca un “efecto vórtice” (se non recordo mal) no que tamén se ven implicados factores xenéticos, xa que a menor tamaño das poboacións, maior risco de homocigose e polo tanto de pérdida de variabilidade xenética.
Non coñezo a ninguén a quen non lle gusten estos animais (ou polo menos que os deteste) e sen embargo están nunha situación crítica, polo que fago unha reflexión: se estos animais, que son socialmente recoñecidos e admirados, que incluso pagamos por velos en delfinarios e acuarios, teñen problemas para a súa supervivencia no mundo salvaxe, ¿como nos vai extrañar que outras especies menos recoñecidas desaparezan? Simplemente con apoio social non se consigue levar adiante plans de recuperación e conservación, está claro que sen cartos non se vai a ningún sitio, pero supostamente é a base para concienciar á xente acerca de problemas tan graves como a contaminación.
É preocupante pensar que haxa tanta xente que mire cara o outro lado ante problemas tan graves como a pérdida de biodiversidade, ou o cambio climático (¡¡coñezo a xente que di que é todo política e que existe tal cambio!!)… ¿Que será da natureza no futuro?
Tras estas reflexións tan profundas (teño o día inspirado hoxe, jejeje) unha foto dun delfín listado, ¡a que é chulísimo!

¿Que teñen que ver os móbiles coas abellas?
Atención á noticia: os móbiles son uns dos posibles culpables de provocar o declive nas poboacións de abellas en EE.UU.
Resulta que estes insectos sofren cambios no comportamento (ese comportamento social que nos contaron en Comportamento Animal) e incluso se desorientan, polo q as colonias non poden continuar o seu ritmo normal de traballo.
Según algún estudio q se está a realizar, as radiación provocada polos móbiles son unha das posibilidades q se barallan á hora de encontrar o motivo destes cambios nas poboacións de abellas.
