Proxecto Life para o lince ibérico
Lendo un artículo sobre os nacementos de 3 novos linces entereime de que se aprobou fai uns meses o chamado proxecto Life, q nun plazo duns 5 anos pretende mellorar a situación.
Estiven lendo algo acerca del e en términos xerais non parece que esté mal. Van reforzar as medidas que xa hai e, entre outras cousas, van comunicar algúns núcleos de población de linces.
Con estas medidas cúbrense moitas das ideas que déramos en CERA para a conservación e recuperación do lince, sen embargo a máis importante inda non chegou: aumentar o territorio protexido para esta especie. Todo se andará…
O cambio climático tamén mata grandes mamíferos mariños
Este fin de semana impartíuse o primeiro Taller Internacional de Investigación de Belugas. A él asistiron habitantes de zonas árticas (esquimais da comunidade inuk) que se alimentan de forma legal e controlada destes animais e que ven como o seu futuro está en mans dos países desenrolados. Esta especie está en peligro por culpa da contaminación e o cambio climático.
Esta semana nunha asignatura de microbioloxía, Ángeles Cid falaba de que os microorganismos son os máis importantes para que se produzca o reciclaxe de materia no planeta. E eso é o que a xente non sabe, que os “bichitos” son máis importantes que os animais grandes como as belugas, sin embargo, é importante que vexan casos como os das belugas para que vexan o crítico que pode ser o gran problema deste siglo.
Gustaríame algún día poder axudar a que estos animais (ou algúns outros…) sobrevivan con este cambio mundial, xa que cada día estou máis convencida de que non conseguiremos poñernos dacordo (e sobre todo os políticos) para que a situación vaia a mellor.