Sanxenxo
“Toda lei ten a súa trampa” dixo un día Juan Freire en clase. E así é. O último caso en Sanxenxo, onde se pasan a lei de costas por… vamos, que pasan dela absolutamente.
Resulta que a alcaldesa acaba de autorizar a edificación de vivendas a pé de praia e casualmente nunha zona queimada polos incendios deste verán. A lei de costas prohibe a edificación a menos de 500 metros do nivel do mar, entón ¿como pode ser que o propio goberno do concello permita isto?
Todalas leis teñen as súas trampas… Pois neste caso medo me dá, xa que hai moitos concellos, como o de Barreiros (onde as licencias están agora “conxeladas”), que lles encantaría encontrar a solución e seguir destruindo e acabando co “verde” da zona.
¿Donde vamos ir parar? ¿Cando nos empezaremos a concienciar de que leis coma esta non son por “fastidiar” senon para intentar manter o medio ambente en bo estado? En fin…