Caso Ostedijk
¡¡Todo é política!! Se si porque si, e se non porque non. Os políticos non fan máis q protestar, pero actuar… máis ben pouco.
Case nos fastidian a costa ós do “Cantábrico galego” con tanto paseo. Parece q o Prestige quedou nunha anécdota e q sigue sen haber un protocolo para estos casos. Se en lugar de fertilizante levara fuel non quero imaxinarme como iban estar as preciosas praias de San Miguel e alrededores. Pero bueno, de política non entendo así q non protesto máis.
O q non me cabe na cabeza é como poden levar sustancias químicas nun barco dese tipo no q o combustible ten q pasar dun lado a outro do barco con unha alta temperatura, tendo as tuberias “rodeando” á carga.
E agora q xa se acabou, q o barco abandona Galicia, ¿cambiará algo? ¿Ou dentro dalgún tempo teremos q volver a temer polas nosas costas e neste caso incluso polas nosas vidas por culpa dos gases tóxicos?
And the oscar goes to…¡”Una verdad incómoda”!
Esta noite dos óscars o ecoloxismo andivo de paseo polos Ángeles. A parte de limusinas “ecolóxicas” e outros detalles que lin por aí, o protagonismo neste sentido levouno Al Gore. O seu documental levou o óscar ó mellor documental.
Recentemente vin dito documental. Está moi ben (inda que hai momentos políticos q quizais sobraban un pouquín), moi ilustrativo e sencillo de entender para calquera q non teña nin unha base do tema. Cousas q non tiña moi claras agora sí, a preocupación q tiña por descoñecer datos agora convertiuse en preocupación pq graves como me imaxinaba.
Agora só teño unha duda… ¿todo o q se conta no documental está científicamente avalado ou hai detalles “alarmistas” destos q lles gustan moito ós ecoloxistas? O outro día na clase houbo un profesor q nos dixo: “vosotros sereis ecólogos, no ecologistas, no se debe confundir una cosa con otra”.
Durante os momentos “personais” de Al Gore no documental éste falou de súa irmá, q morreu de cáncer de pulmón e a súa familia tiña plantacións de tabaco. Eso fíxome pensar… esto mismo pódenos pasar a todos en menor medida, xa q a día de hoxe hai moitas enfermedades relacionadas co medio ambente (cáncer de pel, por exemplo, q cada vez hai máis) q estropeamos cada día máis. Paranoias destas miñas…
Aquí vai un enlace a unha entrevista de Al Gore en cuatro , cando veu a España fai un par de semanas. Está moi ben.
Seguiremos falando del.
Perlas da evolución
Resulta que me acabo de enterar que hai árboles que andan!! Si si, tal cual o ledes.
Realmente non andan, jeje. Resulta que son árboles de zonas onde outros árboles lles poden dar sombra, polo que o que fan é ir botando raices cara os claros onde poidan recibir os raios de luz e as raíces da zona de sombra van morrendo. Explícano mellor neste blog, q foi onde o descubrín eu.
Hoxe 12 de febreiro é o “día de Darwin”, e hoxe descubrín un novo tipo de evolución.
Conseguido!!
Fai algún tempo falei aquí da “estratexia de publicidade” do apagón mundial. E conseguiron o seu obxetivo.
En tódolos telediarios se dan informacións acerca do cambio climático, da desertificación, etc. e incluso acabo de ver un documental moi interesante en Informe Semanal, onde falaban concretamente de España, das consecuencias actuais e das futuras.
Como moi ben dixo Cris, non son necesarias tantas luces para iluminar os emblemáticos monumentos de cada cidade. Todo se volve falar, firmar tratados, protocolos, etc. pero pequenos detalles poden ir facéndose sin ter que esperar máis. Como moi ben dixeron en Informe Semanal, hai que empezar canto antes a baixar as emisións de gases, xa que os que se emitan agora estarán moitas décadas “entre nós”.
“9 de cada 10 españoles pensamos que el cambio climático es real”
Comentarios coma este póñenme de malas. Pensamos??? 9 de cada 10?? A saber que pensará ese “1 de cada 10″…
Esta frase dixérona hoxe nun telediario. Non entendo que siga habendo xente que pensa que o cambio climático é unha “idea” inventada polos ecoloxistas e non unha “realidade”.
Cada día estou máis segura de que polo menos no país en que vivimos perdeuse a perspectiva, o que realmente importa, xa que é o noso futuro e o dos nosos descendentes considérase simplemente un punto de debate, pero non se fai nada…
Sanxenxo
“Toda lei ten a súa trampa” dixo un día Juan Freire en clase. E así é. O último caso en Sanxenxo, onde se pasan a lei de costas por… vamos, que pasan dela absolutamente.
Resulta que a alcaldesa acaba de autorizar a edificación de vivendas a pé de praia e casualmente nunha zona queimada polos incendios deste verán. A lei de costas prohibe a edificación a menos de 500 metros do nivel do mar, entón ¿como pode ser que o propio goberno do concello permita isto?
Todalas leis teñen as súas trampas… Pois neste caso medo me dá, xa que hai moitos concellos, como o de Barreiros (onde as licencias están agora “conxeladas”), que lles encantaría encontrar a solución e seguir destruindo e acabando co “verde” da zona.
¿Donde vamos ir parar? ¿Cando nos empezaremos a concienciar de que leis coma esta non son por “fastidiar” senon para intentar manter o medio ambente en bo estado? En fin…
“El hormiguero”
Este programa cada día me sorprende máis.
Parece q como comentaba fai uns días, a estratexia de márketing do “apagón” xa empezou a surxir efecto. Neste programa de cuatro acaban de propoñer “facer un bosque”. Propoñen plantar noces, bellotas, ou outras semillas e mandarlles unha foto e o sitio onde a plantaches. Con isto pretenden ir completando un mapa de España con árboles plantados pola xente q os ve.
Paréceme unha gran proposta, parece unha tontería “plantando un árbol non amañamos nada” dirá moita xente, pero sí q é moi útil e non costa nada!!
Oxalá q esta proposta teña éxito, inda q a xente só o faga polo minuto de gloria de “participar” nun programa de televisión. Esto é fomento do medio ambiente e non o q fan os políticos! jijiji
Neste enlace hai uns gráficos nos q se explican moi ben problemas medio ambientais (que a todo esto, me entran no exame de CERA do martes).
“Naturalistas” co lince ibérico
Acabo de ver en “cuatro” un reportaje sobre o lince ibérico.
Como creo que deixamos claro algunhas persoas no debate, que o cariño que se lles colle véndoos pequeniños, facendo “monadas” e indefensos, fai que o feito de estar gastando moitos cartos quede nun segundo plano e a xente queira cuidalos. A verdade é que son moi riquiños e traballar con eles debe ser fascinante, pero o debate sigue aberto: ¿merece a pena invertir moito sin que o hábitat sexa maior ou esté mellor comunicado?
Programas como o de hoxe danlle “puntos” a favor da súa conservación. Inda que mencionaron os traballadores de Serra Morena a conservación “in situ”, no que se centraron foi na conservación “ex situ”. Deume a impresión de que incluso os especialistas no tema ven inviable a conservación “in situ”, inda que non tiran a toalla.
Daban bastantes esperanzas gracias á cría en cautividade (conservación “ex situ”), mostrando o bon desarrollo dos linces que están cuidando e que van saíndo adiante. Pero ¿que futuro lles espera? Nesta web explícase moi ben o programa de conservación ex-situ do lince ibérico. Ademais hai un puzzle onde aparecen as principais cuestións acerca deste animal.
