“Manifestación” mundial contra o derroche de enerxía
Recentemente recibín un “forward” no q propoñían apagar tódalas luces e aparatos eléctricos das nosas casas durante 5 minutos un día e a unha hora fixada por unha asociación francesa para protestar contra o derroche de enerxía (1 de febreiro de 19,55 a 20,00). Parece unha iniciativa moi interesante, inda q non lle vexo máis sentido q o da publicidade (q realmente é o q ten).
Con isto o q quero dicir é q por apagar todo 5 minutos un día non se amaña gran cousa (a non ser q sexa algo masivo, o cal o dudo) e máis ben paréceme unha forma de sacar o tema en tódolos medios para q se fale del e a xente reflexione. Por isto paréceme unha gran idea, está visto q a día de hoxe as cousas q teñen importancia son as q saen en tódolos medios de comunicación (como o “dichoso” temporal da semana pasada, q parecía q non pasara nada máis no planeta en toda a semana, en tódalas cadeas de televisión o mesmo, ¡e con corresponsales por toda España para ver como nevaba!). Espero q polo menos durante uns días se olviden os telediarios de Farruquito, da neve, e doutras moitas cousas q con contalas unha vez quedan ditas, e dediquen o seu tempo a informarnos do estado actual do planeta, do q supón o aforro de enerxía, e de q inda estamos a tempo de q este declive non sexa tan rápido.
Premio a quen encontre unha rá en Cecebre!
Segundo o diario 20minutos: “Por culpa de un hongo procendente de África, en los últimos 15 años han desaparecido por completo los batracios que habitaban esta zona”. Foi Ramón Núñez (director dos Museos Científicos Coruñeses) quen alertou disto.Tamén di q nos últimos 25 anos xa desapareceron 165 especies de todo o mundo, o cal parece un número pequeno tendo en conta a inmensa cantidade de especies q inda quedan. Pero hai q ter coidado con iso, xa q por pequeno q sexa o número supón un feito moi importante. A vida é un ciclo no q todos participamos, e si faltan pezas pode perderse o equilibrio. Serán pezas pouco importantes, pero ó igual que unha pequena fisura nun óso pode desembocar na rotura deste, a desaparición de especies q non son “clave” tamén pode provocar a desaparición doutras especies q si q o son. Se se rompe o ciclo todo pode ir a peor… O q non sabemos é canto tempo fai falla para q iso pase…
Proxecto All Species Inventory (Inventario de Todas las Especies)
Encontrei un artículo nunha web que está relacionado co tema que propón Alfonso no seu blog. Non sei se entendín moi ben a idea, xa que a conclusión á que cheguei foi que estaría ben facer un listado de todas as especies nunha wiki, pero á vista deste artículo non o vexo moi factible. Se era esto ó que se refería, paréceme unha gran idea.
No artículo contan que un grupo de informáticos e investigadores pretendes facer o listado de tódalas especies do planeta e contan telo acabado en … ¡25 anos! “Los taxónomos tienen identificadas unos 2 millones de especies de los 10 ó 100 millones que pueden existir en nuestro planeta.” Pois teñen para rato… O problema que teño é que o artículo é do 2002 e levo media hora buscando información de como vai na actualidade e non atopo nada (na páxina web do proxecto o último que encontrei foron artículos do 2003).
Creo que máis ou menos a idea do proxecto All Species Inventory, pero en plan “aficionados”, é o que propón Alfonso e paréceme unha gran idea á que me gustaría apuntarme. O problema que lle vexo é poñerse dacordo para non repetir especies persoas diferentes, e que todo o que participe sexa igual de riguroso, e que se a idea é facela antes de que acabe a asignatura de CERA vai ter pouca aceptación. Todo consistiría en organizarse ben e tomalo con “calma”. Como decían no colexo: “Despaciño e con boa letra”.